Visualizacións de páxina totais

xoves, 21 de agosto de 2014

Vacacións no Mar. Espectáculo de Títeres en Cervo (30 de Agosto)



 Vacacións no mar é un espectáculo de títeres de guante, no que se conxuga o tradicional estilo da cachiporra, tan eficaz dramaticamente, cuns carácteres e aconteceres renovados para o público de hoxe en día.

Tanto as escenografías como os mecanismos e bonecos son pezas únicas, deseñadas e creadas no obradoiro artesán de Mircromina Títeres. Este espírito artesanal chega ata a música do espectáculo: parte dela foi creada especificamente para o espectáculo por Falsario, artista que traballa en exclusiva para a compañía Mircromina. En canto ao resto, é unha selección de músicas libre e orixinais de Rymsky-Korsakov unhas e temas populares interpretados pola formación lucense Kibitka as outras.

Desta maneira, cun sinxelo e eficaz guión, uns personaxes de marcado carácter e ritmo trepidante, Mircromina Títeres fai a súa contribución á renovación deste xénero dramático e o goce das almas nenas.

Sinopse: A Mariña encantaríalle viaxar polo mundo adiante. Un día, Moncho chega ao porto co seu veleiro “Ovos con patacas”. Pero nun descoido o pirata Ollo Birollo toma prestada a nave e faise ao mar. Tras 45 minutos de acción, cumprirá Mariña o seu soño de dar a volta ao planeta?


A representación terá lugar Na Plaza do Concello de Cervo o día 30 de agosto ás 18:30 horas (se chove , representaráse no Salón de Actos do Concello).

Organiza a ANPA do CEIP de Cervo en colaboración co Concello de Cervo e a Deputación de Lugo.

Ningún comentario: