Visualizacións de páxina totais

venres, 13 de decembro de 2013

Talleres de Monicreques no CEIP Cervo (facendo o taller)

UNHA FIN DE SEMANA INTENSA DE …. HISTORIAS NAS PARROQUIAS PARA TODOS OS PÚBLICOS

FRAN REI conta a historia de Brancaflor nun espectáculo a medio camiño entre a maxia e o contacontos dirixido polo galardoado co premio María Casares Avelino González. Os 11 pretendentes de Brancaflor asócianse con cadanseu xogo de maxia e ela terá que seleccionar o seu namorado ao longo dunha hora de maxia, contos e humor para grandes e pequenos.
· o sábado ás 17.00 h no teleclube de Santalla de Vilaosende · o domingo ás 17.00 h na escola de Rinlo e ás 19.30 no Círculo da Devesa E PEDRO BRANDARIZ vai botar os seus contos nestoutros sitios
· o sábado na escola de Cinxe ás 21.00 h · o domingo na escola de Vilaselán ás 17.00 h.
GALA A FAVOR DA CRUZ VERMELLA. No auditorio municipal Hernán Naval este sábado 14 de decembro ás 20.00 h. Entrada : 5 €
E rematamos o ano Roberto Vidal Bolaño cunha boa ocasión para afondar na obra dun dos dramaturgos máis lúcidos. Anxeliños. Comedia satánica será posta en escena pola compañía ESPELLO CÓNCAVO. Un texto escrito en 1996 que conta con moita retranca as ruindades económicas e morais dunha sociedade de cobro de morosos. Un texto que podería ser escrito hoxe tomando como motivo a crise actual. Está protagonizada por Isabel Risco, Estíbaliz Veiga, Fernando Morán, Rodrigo Roel e Manu Fernández e dirixida por Arturo López.
Domingo 15 de decembro Auditorio Muncipal de Ribadeo 20.30 h Entrada xeral: 4 € Prezo reducido para persoas xubiladas, desempregadas ou estudantes: 2 €

Teatro e Maxia na Mariña Lucense en Decembro de 2013

DECEMBRO Aproveitade destas datas para levar ós vosos nen@s e disfrutade todos xuntos¡¡¡ Día 20 Máxia-----Mago Antón Pomba do Arco, ás 19h casa cultura de Foz (de balde) Día 21 Foliada Infantil-----ASubela.Foz (de balde) Día 22 Música Migallas no Teatro Concello Ribadeo Día 26 Música Mamacabra ás 18.30 Auditorio Concello burela (de balde) Día 27 Teatro infantil----Foz 18:30 h de balde. Música dos Bolechas. -Burela (entrada 10€) Día 30 Teatro Infantil----Concello Ribadeo (Nota: Ningún destos actos esta organizado pola ANPA do CEIP Cervo)