Visualizacións de páxina totais

xoves, 7 de novembro de 2013

CALENDARIO CONCENTRACIONS FAPACEL NA MARIÑA

Estimados pais e nais:

Mediante este escrito queremos informar sobre as modificacións comunicadas por

FAPACEL (Federación de Asociacións de pais e nais da provincia de Lugo) sobre as

concentracións previstas para as próximas semanas:

1)Venres día 8 de Novembro: ESTABA PREVISTA CONCENTRACIÓN NO

COLEXIO VISTA ALEGRE, PERO POR PROBLEMAS INTERNOS NA ANPA

NON TERÁ LUGAR.

2)Venres día 15 de Novembro: concentración en Foz

3)Venres día 22 de Novembro: concentración en Xove

Sen máis,

Un cordial saúdo

ANPA C.E.I.P DE CERVO

mércores, 6 de novembro de 2013

Obradoiro "Coñece o teu contorno" para escolares en Lugo

Lembramos que este sábado, en Lugo, ADEGA realizará un obradoiro  para nenos e nenas no Centro de Interpretación Terras do Miño.  Será de balde e servirá para que os rapaces e rapazas tomen consciencia dos valores naturais tan ricos e valiosos que temos na nosa cidade.
Aínda quedan prazas!  Anota ao teu fillo ou filla na ligazón que indicamos abaixo.
Apertas!

Obradoiro "Coñece o teu contorno" para escolares en Lugo

http://adega.info/web/media/img/nenos_%28reduc%29.jpg
Por medio deste obradoiro que leva o nome de “Coñece o teu contorno”, ADEGA ofreceralles aos escolares participantes de Lugo unha visión valorizadora do seu contorno máis inmediato co obxectivo de suscitar debates sobre a importancia das nosas accións como cidadáns individuais no mantemento, protección e posta en valor do seu pobo.

O obradoiro estará organizado e financiado pola Deputación de Lugo, polo que será de balde. Será impartido por ADEGA o
sábado, 9 de novembro, no Centro de Interpretación Terras do Miño (río Rato) de Lugo, de 12 a 14 horas.

Aínda quedan prazas! Pódense inscribir a esta actividade nenos e nenas
de 6 a 12 anos, no formulario que aparece na seguinte ligazón do web da Deputación:http://www.deputacionlugo.org/formulariosDeputacion/terrasmino_riorato13.html

Nesta ligazón, escolle "
Coñece o teu contorno. Centro de Interpretación Terras do Miño 9/Nov/12h-14h" e cumprimenta o  formulario.
Para máis información sobre as reservas: Deputación (982227812).
Para máis información sobre os obradoiros: ADEGA-Lugo (982240299).


___________________________

FAITE SOCIO/A!
www.adega.info

ADEGA LUGO
Ronda das Fontiñas, 180 Ent.
27002 Lugo
Tfno: 982240299
Email: adegalugo@adega.info

image001

luns, 4 de novembro de 2013

PRIMEIRO ENCONTRO de ANPAs na cidade de Lugo

O vindeiro sábado 9 de novembro a FAPACEL organiza o PRIMEIRO ENCONTRO de ANPAs na cidade de Lugo, coa fin de intercambiar impresións e coñecernos as Anpas Galegas.