Visualizacións de páxina totais

xoves, 19 de xuño de 2014

EQUIPACION DEPORTIVA CEIP CERVO





A ANPA do CEIP de Cervo en Asamblea Ordinaria de data 20 de Junio de 2013, aproba por maioría unha equipación deportiva para os escolares do centro.
Por tal motivo, poñemos en coñecemento de todos os pais e nais que, tras unha elección entre os presupostos das tendas de deportes colaboradoras ca asociación,foi elexido unha equipación deportiva na tenda ATMOSFERA SPORT sita en Burela(No  Campón).

Con esta equipación pretendemos:
 -Identificar ó alumnado
 -Facilitar ós pais e nais o equipamento deportivo dos seus fillos
 -Fomentar a igualdade e non discriminación entre o alumnado

Pretendese que o uso de dita roupa deportiva sexa para os seguintes casos:

-Clases de educación física
-Actividades nas que se represente ó centro
-Excursións e saídas do centro para un mellor control e comodidade do alumnado

O custo da equipación deportiva ascende a 19 eur e considerase totalmente optativo non obrigatorio

Todos aqueles interesados teñen á súa disposición todas as tallas para elexir na tenda ATMOSFERA SPORT en Burela, durante a primeira quincena do mes de Setembro todas aquelas equipacións que esteñan encargadas se enviarán a serigrafiar co logotipo da ANPA, farase o mesmo con todas aquelas equipacións encargadas na primeira quincena do mes de Outubro.

Dudas e aclaracións: Anpacervo@gmail.com

Atentamente

ANPA CEIP CERVO