Visualizacións de páxina totais

venres, 22 de novembro de 2013

Lecto Escritura

Aquí podeis descargar un montón de fichas para el apendizaje de la lectoescritura tanto en gallego como en español. ... (leer mas)....

Recomendacion de Material para empezar la escritura

Recomendamos este lapiz, de la marca Stabilo.... por sus caracteristicas fisicas, tiene una perfecta ergonomia para los principiantes, para que empiecen más facilmente a escribir sus primeras palabras, y facilitandolo aun mas pues tienen dos codigos de colores, amarillo y rojo, segun sea diestro o zurdo¡¡


Stabilo Easy Graph (click para ver web)


25/11. Día Internacional para la Eliminación de la Violencia contra las Mujeres

xoves, 21 de novembro de 2013

ASOCIACION SOCIO-EDUCATIVA ANTONIO GANDOY



Estimada familia:
A “Asociación socio-educativa Antonio Gandoy” é unha entidade sen ánimo de lucro de recente creación que, conformada por extraballadores da extinguida Fundación Preescolar na Casa,  ten como misión principal preservar, difundir e dar continuidade ó labor socioeducativo desenvolvido por Preescolar na Casa.
A “Asociación socio-educativa Antonio Gandoy”, ofrece ás familias con nenos menores de tres anos a posibilidade do encontro e intercambio con outras familias e con un profesional da educación, co fin de que poñan en valor o seu importante papel como educadoras e que compartan dúbidas.
Estes encontros, denominados “Espazos das Familias”, teñen como fin que os pais e as nais, en definitiva as familias, conten con un lugar onde compartir, debater e reflexionar sobre a marabillosa experiencia da crianza dos nenos e nenas; coñezan actividades que lles permitan afrontar unha maternidade e paternidade responsable e gozosa, que contribúa ó mellor desenvolvemento dos seus fillos e fillas e, por extensión, da sociedade futura; e favorezan que nenas e nenos interactúen on outros das mesmas ou parecidas idades e cos adultos.
Estes Espazos desenvólvense semanalmente en diversos lugares e concellos.
En Lugo temos en marcha os seguintes:
·         CEIP A Ponte, os luns ás 11’30.
·         CEIP Manuel Mallo Mallo (Nadela) os xoves ás 16’30
·         Locais da Asociación: Garaballa de Arriba, 9 (ó lado do colexio de Albeiros), os Martes en horario de mañá e tarde. Neste local temos previsto organizar mais grupos en función da demanda existente.
Tamén existen Espazos das Familias nos concellos de Rábade, O Cádavo, Aranga, Frades, Mesía…
Si tes interese en participar, ponte en contacto
nos teléfonos: 982 216 001 e  629 612 897,
ou a través do enderezo de correo-e: antoniogandoyeducación@gmail.com
******************************************************************************


A Asociación socio-educativa Antonio Gandoy, é unha entidade sen ánimo de lucro que ten como fins primordiais defender e reivindicar a importancia educativa da familia nos primeiros anos , así como un compromiso firme coa lingua, a cultura, a contorna e o saber propios como bens imprescindibles para o desenvolvemento da persoa.
Convencidos de que a familia é insubstituíble no proceso educativo da infancia, e que o fogar é o primeiro e máis importante ambiente de aprendizaxe, pretendemos contribuír ao óptimo desenvolvemento dunha práctica parental  positiva.
Queremos axudar a mellorar a competencia educativa familiar e a fornecer a relación pais/fillos
PRECISAMOS A TÚA  AXUDA para poder acadar os nosos obxectivos en prol de unha sociedade galega máis xusta que teña en conta ós nenos e ás nenas e ás súas familias e para difundir unha cultura da infancia, das súas necesidades, potencialidades e dereitos, promovendo a creación de servizos de atención socio-educativa a familias de diferentes colectivos, promovendo a igualdade de oportunidades e a conciliación da vida familiar e laboral.
Podes COLABORAR  como:
 socio numerario con unha aportación anual de 40 euros: recibirás información de tódalas nosas actividades; tamén poderás contar cun servizo de asesoría na crianza da túa filla ou do teu fillo; e contarás con descontos especiais nas distintas actividades que se organicen.
Socio protector, facendo un donativo polo importe que desexes: esta aportación permitirá desenvolver as actividades da asociación e podelas achegar ós sectores mais desfavorecidos.
Voluntario: precisamos xente disposta a traballar por unha sociedade máis igualitaria e xusta, que achegue ás familias a posibilidade de formarse para exercer a súa paternidade e a súa maternidade.
Para  obter mais información:

email:   antoniogandoyeducación@gmail.com
tfos.: 982 21 60 01   ///     629 612 897
 

Esperando contar coa vosa participación, recibide un cordial saúdo.

mércores, 20 de novembro de 2013

¡Todos con Rubén! DOWN ESPAÑA pide a través de CHANGE.ORG un cole para un niño con síndrome de Down

Na paxina de Down España atopamos esta peticion solidaria para firmar en Change.org co obxetvo de conseguir que un neno, Ruben, discapacitado con Sindrome de Down consiga ir a un colexio inclusivo na Comunidade de Castilla y Leon.

Firma aquí a petición


Los peces no se mojan

Outra web con un proxecto dunha cortometraxe feita por 12 nenos, 6 deles con Sindrome de Down.

E precioso¡¡¡ non volo esquezades¡¡¡¡

http://www.lospecesnosemojan.org/


Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividad

Revolvendo nas tripas da rede, atopamos unha paxina web moi boa (en castelan) sobre este Trastorno, e que trae unhas descargas en pdf con material exclusivo moi ben redactado e explicado, tanto para os pais coma para os mestres.

Deixamosvos a enlace:

http://www.tdahytu.es/manual-para-padres-y-profesores/

Se sabedes de alguén, podedes recomendar esta lectura¡¡

Ultimo dia para o Concurso de Carteis do Magosto

Mañá xoves 21 é o ultimo dia para entregar no Concello os debuxos para o Concurso de Carteis do Magosto¡¡¡¡