Estimada
familia:
A “Asociación socio-educativa Antonio Gandoy”
é unha entidade sen ánimo de lucro de recente creación que, conformada por
extraballadores da extinguida Fundación Preescolar na Casa, ten como misión principal preservar, difundir
e dar continuidade ó labor socioeducativo desenvolvido por Preescolar na Casa.
A “Asociación socio-educativa Antonio Gandoy”,
ofrece ás familias con nenos menores de tres anos a posibilidade do encontro e
intercambio con outras familias e con un profesional da educación, co fin de
que poñan en valor o seu importante papel como educadoras e que compartan
dúbidas.
Estes
encontros, denominados “Espazos das Familias”, teñen como fin que os pais e as
nais, en definitiva as familias, conten con un lugar onde compartir, debater e
reflexionar sobre a marabillosa experiencia da crianza dos nenos e nenas;
coñezan actividades que lles permitan afrontar unha maternidade e paternidade
responsable e gozosa, que contribúa ó mellor desenvolvemento dos seus fillos e
fillas e, por extensión, da sociedade futura; e favorezan que nenas e nenos
interactúen on outros das mesmas ou parecidas idades e cos adultos.
Estes Espazos
desenvólvense semanalmente en diversos lugares e concellos.
En Lugo temos
en marcha os seguintes:
·
CEIP A
Ponte, os luns ás 11’30.
·
CEIP
Manuel Mallo Mallo (Nadela) os xoves ás 16’30
·
Locais da
Asociación: Garaballa de Arriba, 9 (ó lado do colexio de Albeiros), os Martes
en horario de mañá e tarde. Neste local temos previsto organizar mais grupos en
función da demanda existente.
Tamén existen
Espazos das Familias nos concellos de Rábade, O Cádavo, Aranga, Frades, Mesía…
Si tes
interese en participar, ponte en contacto
nos
teléfonos: 982 216 001 e 629 612 897,
ou a través do enderezo de correo-e: antoniogandoyeducación@gmail.com
******************************************************************************
A Asociación
socio-educativa Antonio Gandoy, é unha entidade sen ánimo de lucro que ten como
fins primordiais defender e reivindicar a importancia educativa da familia nos
primeiros anos , así como un compromiso firme coa lingua, a cultura, a contorna
e o saber propios como bens imprescindibles para o desenvolvemento da persoa.
Convencidos de que
a familia é insubstituíble no proceso educativo da infancia, e que o fogar é o
primeiro e máis importante ambiente de aprendizaxe, pretendemos contribuír ao
óptimo desenvolvemento dunha práctica parental
positiva.
Queremos axudar a
mellorar a competencia educativa familiar e a fornecer a relación pais/fillos
PRECISAMOS A
TÚA AXUDA para poder acadar os nosos
obxectivos en prol de unha sociedade galega máis xusta que teña en conta ós
nenos e ás nenas e ás súas familias e para difundir unha cultura da infancia,
das súas necesidades, potencialidades e dereitos, promovendo a creación de
servizos de atención socio-educativa a familias de diferentes colectivos,
promovendo a igualdade de oportunidades e a conciliación da vida familiar e
laboral.
Podes COLABORAR como:
socio numerario con unha aportación anual de
40 euros: recibirás información de tódalas nosas actividades; tamén poderás
contar cun servizo de asesoría na crianza da túa filla ou do teu fillo; e
contarás con descontos especiais nas distintas actividades que se organicen.
Socio
protector, facendo un donativo polo importe que desexes: esta aportación
permitirá desenvolver as actividades da asociación e podelas achegar ós
sectores mais desfavorecidos.
Voluntario:
precisamos xente disposta a traballar por unha sociedade máis igualitaria e
xusta, que achegue ás familias a posibilidade de formarse para exercer a súa
paternidade e a súa maternidade.
Para
obter mais información:
email: antoniogandoyeducación@gmail.com
tfos.: 982 21 60 01 ///
629 612 897
Esperando
contar coa vosa participación, recibide un cordial saúdo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario