Visualizacións de páxina totais

mércores, 6 de novembro de 2013

Obradoiro "Coñece o teu contorno" para escolares en Lugo

Lembramos que este sábado, en Lugo, ADEGA realizará un obradoiro  para nenos e nenas no Centro de Interpretación Terras do Miño.  Será de balde e servirá para que os rapaces e rapazas tomen consciencia dos valores naturais tan ricos e valiosos que temos na nosa cidade.
Aínda quedan prazas!  Anota ao teu fillo ou filla na ligazón que indicamos abaixo.
Apertas!

Obradoiro "Coñece o teu contorno" para escolares en Lugo

http://adega.info/web/media/img/nenos_%28reduc%29.jpg
Por medio deste obradoiro que leva o nome de “Coñece o teu contorno”, ADEGA ofreceralles aos escolares participantes de Lugo unha visión valorizadora do seu contorno máis inmediato co obxectivo de suscitar debates sobre a importancia das nosas accións como cidadáns individuais no mantemento, protección e posta en valor do seu pobo.

O obradoiro estará organizado e financiado pola Deputación de Lugo, polo que será de balde. Será impartido por ADEGA o
sábado, 9 de novembro, no Centro de Interpretación Terras do Miño (río Rato) de Lugo, de 12 a 14 horas.

Aínda quedan prazas! Pódense inscribir a esta actividade nenos e nenas
de 6 a 12 anos, no formulario que aparece na seguinte ligazón do web da Deputación:http://www.deputacionlugo.org/formulariosDeputacion/terrasmino_riorato13.html

Nesta ligazón, escolle "
Coñece o teu contorno. Centro de Interpretación Terras do Miño 9/Nov/12h-14h" e cumprimenta o  formulario.
Para máis información sobre as reservas: Deputación (982227812).
Para máis información sobre os obradoiros: ADEGA-Lugo (982240299).


___________________________

FAITE SOCIO/A!
www.adega.info

ADEGA LUGO
Ronda das Fontiñas, 180 Ent.
27002 Lugo
Tfno: 982240299
Email: adegalugo@adega.info

image001

Ningún comentario: