Visualizacións de páxina totais
mércores, 17 de decembro de 2014
mércores, 22 de outubro de 2014
Actividades lúdico-deportivas na piscina de Lieiro para os alumnos do Colexio de Cervo
O pasado 17 de outubro comezaron as actividades lúdico-deportivas na piscina de Liero organizadas polo Concello de Cervo. O calendario para o curso é o seguinte:
GRUPO 1 (Infantil)
17 de Outubro
14 e 28 de Novembro
12 de Decembro
9 e 23 de Xaneiro
6 e 20 de Febreiro
6 e 27 de Marzo
17 de Abril
8 e 22 de Maio
5 de Xuño
GRUPO 2 (Primaria)
24 de Outubro
7 e 21 de Novembro
5 e 19 de Decembro
16 e 30 de Xaneiro
13 e 27 de Febreiro
13 de Marzo
10 e 24 de Abril
15 e 29 de Maio
Para calquer duda ou información: anpacervo@gmail.com
domingo, 31 de agosto de 2014
Representación de Vacacións no Mar (Mircromina Títeres)
Como xa anunciamos, o sábado 30 de agosto, tivemos o pracer de disfrutar en Cervo da representación da obra "Vacacións no Mar" de Mircromina Títeres.
O noso agradecemento á Deputación de Lugo, ó Concello de Cervo e a tod@s @s asistentes
xoves, 21 de agosto de 2014
Vacacións no Mar. Espectáculo de Títeres en Cervo (30 de Agosto)
Vacacións no mar é un espectáculo de títeres de guante, no que se conxuga o tradicional estilo da cachiporra, tan eficaz dramaticamente, cuns carácteres e aconteceres renovados para o público de hoxe en día.
Tanto as escenografías como os mecanismos e bonecos son pezas únicas, deseñadas e creadas no obradoiro artesán de Mircromina Títeres. Este espírito artesanal chega ata a música do espectáculo: parte dela foi creada especificamente para o espectáculo por Falsario, artista que traballa en exclusiva para a compañía Mircromina. En canto ao resto, é unha selección de músicas libre e orixinais de Rymsky-Korsakov unhas e temas populares interpretados pola formación lucense Kibitka as outras.
Desta maneira, cun sinxelo e eficaz guión, uns personaxes de marcado carácter e ritmo trepidante, Mircromina Títeres fai a súa contribución á renovación deste xénero dramático e o goce das almas nenas.
Sinopse: A Mariña encantaríalle viaxar polo mundo adiante. Un día, Moncho chega ao porto co seu veleiro “Ovos con patacas”. Pero nun descoido o pirata Ollo Birollo toma prestada a nave e faise ao mar. Tras 45 minutos de acción, cumprirá Mariña o seu soño de dar a volta ao planeta?
A representación terá lugar Na Plaza do Concello de Cervo o día 30 de agosto ás 18:30 horas (se chove , representaráse no Salón de Actos do Concello).
Organiza a ANPA do CEIP de Cervo en colaboración co Concello de Cervo e a Deputación de Lugo.
luns, 11 de agosto de 2014
Aberta a solicitude para as 800 prazas gratuítas do Lugoteando da Deputación
- A inscrición para as actividades terrestres e acuáticas, dirixidas a persoas de todas as idades e que terán lugar en 8 Concellos, pode facerse en www.deputacionlugo.gal ou no 982-26-01-47, canles nos que se atopará máis información
- O calendario, que arranca o sábado no Valadouro, desenvolverase durante agosto e setembro no Incio, A Pobra do Brollón, Burela, Guitiriz, Vilalba, A Fonsagrada e Lugo
- Surf, paddle surf, bananas acuáticas, segways, sea scooter, skates a motor, paseos en canóa, patinetes acuáticos, longskate, simuladores de surf...son algunhas das actividades, todas a custe cero para os participantes
Máis info en:
http://www.deputacionlugo.org/portal_localweb_ag/p_1_principal1.jsp?codResi=1&language=gl#sthash.kdrESG0D.dpuf
xoves, 7 de agosto de 2014
martes, 24 de xuño de 2014
xoves, 19 de xuño de 2014
EQUIPACION DEPORTIVA CEIP CERVO
A ANPA do CEIP de Cervo en Asamblea Ordinaria de data 20 de
Junio de 2013, aproba por maioría unha equipación deportiva para os escolares do
centro.
Por tal motivo, poñemos en coñecemento de todos os pais e
nais que, tras unha elección entre os presupostos das tendas de deportes
colaboradoras ca asociación,foi elexido unha equipación deportiva na tenda
ATMOSFERA SPORT sita en Burela(No Campón).
Con esta equipación
pretendemos:
-Identificar ó
alumnado
-Facilitar ós pais e
nais o equipamento deportivo dos seus fillos
-Fomentar a igualdade
e non discriminación entre o alumnado
Pretendese que o uso
de dita roupa deportiva sexa para os seguintes casos:
-Clases de educación física
-Actividades nas que se represente ó centro
-Excursións e saídas do centro para un mellor control e
comodidade do alumnado
O custo da equipación deportiva ascende a 19 eur e
considerase totalmente optativo non obrigatorio
Todos aqueles interesados teñen á súa disposición todas
as tallas para elexir na tenda ATMOSFERA SPORT en Burela, durante a primeira
quincena do mes de Setembro todas aquelas equipacións que esteñan encargadas se
enviarán a serigrafiar co logotipo da ANPA, farase o mesmo con todas aquelas
equipacións encargadas na primeira quincena do mes de Outubro.
Dudas e aclaracións: Anpacervo@gmail.com
Atentamente
ANPA CEIP CERVO
venres, 13 de xuño de 2014
Repasando en Vacacións
Poñémonos de novo en
contacto con vos para ampliar a información sobre dita actividade:
-
Repasando en Vacacións terá somente horario de tarde.
-
O prazo de inscripción amplíase ata o 30 de xuño de 2014.
De seguido, transcribimos o comunicado
do Concello en relación ó tema. Nel tamén tedes información sobre a actividade
“Enredos de Verán” que se realizará en San Ciprián:
Cervo estrea “Repasando en
vacacións” e dá continuidade aos “Enredos de verán”
9 de junio de 2014 a la(s) 6:53
-Trátase de dúas opcións para encher de contido o tempo libre da mocidade
nos meses das vacacións escolares
Cervo, 9 de xuño de 2014-O
Concello de Cervo porá en marcha este verán dous programas de actividades
dirixidas aos nenos e nenas do municipio en idade escolar a través da
Concellería de Educación. Por unha banda, ofrecerá “Repasando en vacacións”,
unha iniciativa de apoio e reforzo para o alumnado de infantil, primaria e
secundaria de todo o municipio na que poderán repasar as materias estudadas
durante o curso así como avanzar contidos de cara ao seguinte.
Unha actividade gratuíta que
se impartirá nos locais sociais e escolas das parroquias así como no Ecomuseo
de Cervo e a Casa do Mar en San Ciprián que estará activa durante os meses de
xullo e agosto e na que o Concello conta coa colaboración da ANPA do CEIP
Cervo. Ao remate do curso realizarase unha excursión ao Museo Arqueolóxico do
Castro de Viladonga, en Castro de Rei, onde os nenos asistirán a unha visita
teatralizada. A inscrición pode
realizarse no mesmo colexio de Cervo durante este mes.
Esta mañá o alcalde de Cervo,
Alfonso Villares, a edil de Educación, Pilar Armada, a presidenta da ANPA do
CEIP Cervo, Pilar Montero e a tesoureira, Maribel Seijo presentaron “Repasando
en vacacións” co obxectivo de “conseguir que se beneficie deste servizo o
máximo número de alumnos posible”, asegura Armada. Cabe destacar que a actividade organizarase por grupos e cada un
recibirá dúas horas de clase á semana.
“Enredos de verán”
Ao mesmo tempo, Educación dálle
continuidade ao programa “Enredos de verán”, un espazo lúdico para nenos de
infantil e primaria que se desenvolverá de luns a xoves en San Ciprián. A Casa
do Mar será a sede e o punto de encontro, aínda que en moitas ocasións os
Enredos sairán ao aire libre para a práctica de surf ou de skate entre outras
actividades. Ao mesmo tempo, haberá xogos, manualidades, maxia, cociña, circo e
outras iniciativas adaptadas aos gustos dos participantes.
As inscricións poderanse
realizar na Casa da Cultura, achegando a folla de inscrición que será entregada
ao alumnado nos colexios. A edil de Educación asegurou que ambos programas
compleméntanse, xa que un está enfocado á aprendizaxe e outro ten unha vertente
máis lúdica, “pero ao final, en ambos casos, cúmprense os dous obxectivos”.
Un saúdo e
moitas gracias polo voso interese!
PD: neste momento hai 22 alumnos inscritos.
xoves, 22 de maio de 2014
CONVOCATORIA ASAMBLEA XERAL ORDINARIA
Pola presente, convocámosvos á
Asamblea Xeral Ordinaria que terá lugar
o vindeiro luns 26 de Maio de 2014
no comedor do colexio, ás 17:00 horas en
primeira convocatoria e ás 17:30 horas en segunda convocatoria.
ORDE DO DÍA:
1. Lectura
e aprobación, se procede, da acta
anterior.
2. Estado
de Contas.
3. Memoria
das actividades realizadas no presente curso.
4. Proxectos
para o vindeiro curso 2014-2015.
5. Rogos
e preguntas.
Esperamos a vosa máxima
asistencia. Para aqueles socios que non poidan estar presentes, rógase
cumprimenten a folla de autorización de voto delegado (lembramos que cada socio só poderá ter un voto
delegado).
Xunta Directiva
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)